Estratexia de Turismo
Rías Baixas
A Estratexia de Turismo Rías Baixas busca reforzar os valores dun territorio único e acolledor, así como asegurar que o turismo contribúa de forma efectiva ao desenvolvemento económico e social da provincia, mediante a adopción de tecnoloxías avanzadas e enfoques innovadores. Susténtase nos seguintes principios fundamentais:
Compromiso coa mellora continua dos estándares de servizo e experiencias turísticas
Impulso de prácticas que respecten e protexan a contorna natural.
Creación dunha oferta que dea resposta ás preferencias e intereses das persoas que viaxan.
Impulso da actividade turística de forma equilibrada e homoxénea, para facilitar o retorno económico en todo o territorio.
Difusión do estilo de vida da provincia, caracterizado pola súa hospitalidade e singularidade.
Integración das últimas tecnoloxías para reforzar a Rías Baixas como Destino Turístico Intelixente, mellorando a experiencia das persoas usuarias mediante o uso de ferramentas dixitais e solucións innovadoras.
Obxectivos da Estratexia de Turismo Rías Baixas
- Visibilizar a importancia do sector turístico na economía provincial e o seu potencial como motor de desenvolvemento local.
- Maximizar o valor da marca Rías Baixas e vencellala ao compromiso coa sostibilidade e á identidade da provincia como Destino Turístico Intelixente
- Impulsar experiencias turísticas de primeiro nivel, baseadas na variedade e calidade dos recursos e activos de todo o territorio provincial.
- Realizar unha escoita activa ao sector para a elaboración da Estratexia e para implementar esquemas colaborativos público – privados de innovación continua, que permitan dar un pulo a proxectos que reforcen a proposta de valor de Rías Baixas.
- Consolidar a Rías Baixas como Destino Turístico Intelixente, a través dunha xestión eficiente e por medio do reforzo do seu compromiso e liderado dentro da Rede Nacional DTI.
- Incorporar prácticas sostibles que estean aliñadas coa Estratexia de turismo sostible de España 2030, en base a un turismo respectuoso co medio ambiente, enriquecedor no eido cultural e beneficioso desde un punto de vista económico para a comunidade local.
- Fortalecer a capacidade institucional en todos os niveis administrativos a través da formación de equipos altamente cualificados para a xestión e implementación da estratexia.
- Incrementar a competividade de Rías Baixas como destino turístico, mediante a xestión do dato turístico e a optimización dos procesos operativos.
- Priorizar a transformación dixital do sector turístico, por medio da aplicación de innovacións que automaticen e personalicen a experiencia turística, así como aumenten a eficacia e accesibilidade dos servizos.
- Impulsar programas de capacitación dirixidos a mellorar as habilidades das persoas traballadoras do sector, que que se prepararán para xestionar e sacar o máximo partido ás ferramentas e recursos dun Destino Turístico Intelixente.
- Instaurar mecanismos de seguimento para avaliar o rendemento das estratexias e plans operativos, que permitan á súa vez adaptalas según sexa necesario para garantir a máxima flexibilidade, efectividade e eficiencia da planificación.